“QUERÍA MOSTRAR QUE ESTAS SEÑORAS MARIÑEIRAS PODEN SER AS PROTAGONISTAS DUN THRILLER”

Entrevista en tempos do coronavirus. Por insistencia deste xornalista, prodúcese en persoa nunha coñecida cafetería compostelá; iso si, máscaras mediante. O encontro é con Paula Cons, que estrea este venres 24 de xullo en Filmin A illa das mentiras (2020), unha ficcionalización do afundimento do Santa Isabel en 1921 na illa de Sálvora, onde unhas mariñeiras salvaron 48 persoas de se afogar en circunstancias hoxe aínda sen esclarecer de todo. A fita, con importantes... Ler máis

RELATOS SALVAJES, de Damián Szifrón

A última longametraxe do guionista e director Damián Szifrón é, en primeiro lugar, un magnífico divertimento, unha maquinaria perfectamente engraxada da que se goza moito máis se se sabe pouco ou nada da súa narración. Nunha época na que os trailers están deseñados para non deixar nada á imaxinación, o deste filme ten a rara habilidade de suxerir sen destripar ningunha das historias e sen desvelar ningún dos seus moitos gags humorísticos. Porén, se isto nos tempos... Ler máis