SI ME BORRARA EL VIENTO LO QUE YO CANTO, de David Trueba

-Una última pregunta Chicho: ¿Queda alguna revolución pendiente? -Todas, ya que ninguna de ellas se ha concluído debidamente. Semella case unha casualidade que poucas semanas despois da exhumación de Franco, Si me borrara el viento lo que yo canto (David Trueba, 2019) comece con imaxes deste enterro. Porén, lonxe dunha casualidade, isto é unha mostra do moito traballo que queda por facer en materia de memoria histórica e de recuperación do arrasado polo franquismo (aínda... Ler máis

CASI 40, de David Trueba

No ano 1996, David Trueba debutou na dirección con La buena vida. Aquela oportuna visión da adolescencia, melancólica e tenra, exaltaba sen ningún reparo os universos de Truffaut ou Malle no medio dunha época máis ben gris do cinema español, coma se o autor pretendese reivindicar para a caduca comedia do seu país unha sensibilidade doutras latitudes e tempos. A realidade é que os anos foron pasando por ese cine e o menor dos oito irmáns Trueba, case sempre máis agudo... Ler máis