AS NOVAS DAMAS DO CINEMA INDIE DOMAN OS TIGRES DE RÓTERDAM

Entrega de premios da 41 edición do Festival Internacional de Cinema de Róterdam. Logo de nove días nos que vivín para comentar películas, hoxe vou facer algo distinto. Oito da tarde, Arcadis Zaal do centro de operacións De Doelen. Máxima expectación ante a inminente entrega do tres Tigres deste 2012 que empezou con mal pé para os certames de cinema (onte coñecía que tamén se cargaron o REC de Tarragona). Os representantes de catorce das quince delegacións na competición... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 9: OVOS, PEDRAS… E CINTAS DE AUDIO

11.644 cafés despois, 4.350 rolos de baño gastados e cunha repercusión de case 5.000 mensaxes en Twitter, o Festival Internacional de Cinema de Róterdam vaise extinguindo. Mañá saberemos quen son os gañadores dos Tiger Awards deste 2012. Logo de ver todas as películas desta sección eu xa teño as miñas favoritas, aínda que me faltan por comentar as últimas dúas. Egg & Stone, da cineasta chinesa Huang Ji, sorprendeume gratamente. O filme móstranos o día a día... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 7: UNHA XORNADA DE CINEMA CON TRES MULLERES

Viva o cinema chileno! Se hai dous ou tres días crin descubrir en De jueves a domingo unha xoia na filmografía máis contemporánea deste país transandino, hoxe topei cun diamante en bruto. O debutante Jairo Boisier Olave espide de artificios a que é a súa primeira película e ao mesmo tempo declaración de intencións cara a un cinema austero, minimalista e desprovisto de falsas pretensións. En La jubilada, o realizador conta a historia de Fabiola, unha moza que logo de... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI

Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis