ON THE BEACH AT NIGHT ALONE, de Hong Sang-soo
Un dos textos máis fermosos que puiden ler este ano sobre a crítica de cinema é a transcripción do discurso que Roland Barthes adicoulle a Antonioni durante a homenaxe realizada ao cineasta na cidade de Bolonia. Nel, Barthes sinalaba as características que fan a un cineasta moderno e, en consecuencia, enumeraba tres virtudes que caracterizan a un verdadeiro artista: “a vixilancia, a sabedoría e a máis paradóxica de todas, a fraxilidade”. Aínda que o discurso ía dirixido... Ler máis
JET LAG, de Eloy Domínguez Serén
Xa dende o seu mesmo título, Jet Lag sitúanos na demora, no tempo desprazado que se sinte distinto, alleo. Unha película que se propón acompañar un empregado de estación de servizo perdida nunha carreteira secundaria durante as longas horas que dura a quenda de noite. Un home da cámara (Eloy Domínguez Serén) e unha muller do micro (Beli Martínez, tamén produtora) que aparentemente se propoñen observar e escoitar, sen máis; agardar, na liña do documental observacional... Ler máis
RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO
Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito? Por que calquera relación do cinema e a política ponse baixo sospeita? Fíxose extensiva a... Ler máis