LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA

O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría das súas películas son adaptacións a partir de novelas ou relatos literarios, o seu cinema estrutúrase... Ler máis

JONATHAN ROSENBAUM: “OS CINÉFILOS SOMOS COMA UN CLUB SECRETO” (2/2)

Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis

BLUE JASMINE, de Woody Allen

ALLEN 2.0 É habitual escoitarlle dicir a Woody Allen que non gusta dos seus filmes, e que dirixe de maneira despreocupada, optando sempre pola posta en escena máis preguiceira. Hai un pouco de verdade e outro tanto de mentira nestas afirmacións. Isto vense confirmando nos últimos anos da súa carreira dun xeito moi evidente. Por unha banda, debemos precisar que o autor neoiorquino, máis que aborrecer as súas películas, quere melloralas. Os exemplos son diversos, ás veces... Ler máis