LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler

Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis

AVANTI POPOLO, de Michael Wahrmann

Na escuridade da noite, un vehículo viaxa sen rumbo polas rúas de São Paulo. Acompañando o desconcertante percorrido, imos escoitando un programa radiofónico no que o condutor fai un repaso por un gran número de cancións reivindicativas, das que acompañaron os diversos procesos revolucionarios xurdidos no continente latinoamericano no século pasado. Nun momento dado, un home se cruza no percorrido do vehículo, desafiando coa ollada ao condutor do mesmo, e, polo tanto,... Ler máis