JEUNE ET JOLIE, de François Ozon

Resulta difícil superar con Jeune et Jolie a densa e brillante obra Dans la maison (2012), filme que lle outorga a François Ozon a Cuncha de Ouro en San Sebastián. O xogo entre realidade e ficción, drama e comedia, fan desta película unha obra mestra na que a través da relación dun profesor de literatura (Fabrice Luchini) co seu alumno (Ernst Umhauer) plásmase dun xeito apaixonante o feito mesmo de crear. Tras este guión hipnótico, turbulento e xenial, Ozon deixa as... Ler máis

THE FRENCH KISSERS, de Riad Sattouf

Unha vez máis, unha produción europea cunha loable folla de servizos chega cunha notable dilación ás nosas pantallas. Nin tan sequera o seu grande rendemento na billeteira gala, un César á mellor ópera prima ou a súa presenza na sección oficial de Xixón no 2009 foron o suficientemente consistentes para reducir este lapso de demora a un punto máis lóxico. Por outra banda, aínda que a súa natureza e o seu público obxectivo máis evidente pareza moi acorde coas tendencias... Ler máis