PROCESOS #26 – FILMOTECA ESPAÑOLA

De preguntar a calquera cinéfilo con que sede identifica a Filmoteca Española, pódese supor que ao instante mencionará o madrileño Cine Doré, a céntrica e emblemática sede que desde 1989 acolle as súas proxeccións. Pero é moito menos sabido que gran parte do meticuloso traballo exhibido nas súas dúas salas ten orixe varios quilómetros ao oeste da capital, xa no termo municipal de Pozuelo de Alarcón. Alí, as modernas instalacións do Centro de Conservación e Restauración... Ler máis

VOLTA AO TEMPO: A RESTAURACIÓN DE THE BOOK OF ALL THE DEAD

Barbara is a Vision of Loveliness (Bruce Elder, 1976) Le este artigo na súa versión orixinal en inglés The Book of All the Dead (1975–1994) é un ciclo épico do cineasta canadiano R. Bruce Elder, que abarca todos os filmes que Elder fixo durante ese período. Está estruturado en tres partes: Lamentations, Consolations e Exultations. Cada parte está nomeada despois dun traballo feito entre 1985 e 1994, e unido nunha soa peza cunha duración aproximada de 36 horas. Contidas... Ler máis

PROCESOS #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis

QUE FOI DAS SALAS DE VERSIÓN ORIXINAL?

A utopía cinéfila consiste en ter unha sala que programe cinema en versión orixinal á volta da esquina, mais esa pantasía está cada vez máis lonxe da realidade. O peche da distribuidora Alta Films, emparellado co declive dos Cinemas Renoir, explicitou nesta pasada primavera a fraxilidade do sector. No mesmo día no que se coñeceu esa noticia, nós, ilusos, comezamos a organizar un debate sobre a situación das salas en versión orixinal a nivel estatal que finalmente... Ler máis