RARA AVIS

Eva Rivera Soler é a Directora do Festival Dock of the Bay de Cinema Documental Musical de Donostia- San Sebastián Ano tras ano, nestas datas, a catro meses do inicio de Dock of the Bay, xusto antes do comezo dun remuíño que durará até o último día do festival, a mesma pregunta regresa á miña cabeza: Por que o facemos? Que estraña forza me impulsa a dirixir un festival de cinema documental musical en Donostia? Se cadra é a falta de recursos da que sempre partimos... Ler máis

O LUGAR DA MÚSICA

A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis

LONGA NOITE DE LERIA

Madrugada do 6 de Abril de 2014. Sala Metropol, Tui. FOTO: Tamara de la Fuente Os ritmos do pop comercial, do house máis empalagoso e dos tempos da melancolía tornáronse en creación electrónica pop fresca con voz embelesadora, tornáronse en versos galegos cunha posta en escea de rapeiros que non transmitiron máis ca enerxía e desvergoña, e tornáronse nese rock que nos lembra aos anos oitenta coas cazadoras vaqueiras e o estilo punk da época que nunca pasa. Sequin, Malandrómeda... Ler máis