HISTÒRIA DE LA MEVA MORT, de Albert Serra

A MERDA EN OURO Desde a súa celebrada Honor de cavallería (2006), Albert Serra dedicouse a reapropiarse de estéticas románticas e aplicalas a mitos ultracodificábeis aos que reduce á súa máxima esencia (1). Nesa película, o Quixote e Sancho camiñaban polo campo á espera dunha aventura que nunca acaba por chegar. Serra mostrábanos a don Quixote como unha especie de místico romántico, amante da natureza e obsesionado coa mítica Idade de Ouro. A visión da natureza... Ler máis

‘CUERPO A CUERPO’, de Domènec Font

“O cinema é coma o fútbol: ninguén dubida en dar a súa opinión, é dicir que é formidable ou noxentoi”. Jean-Luc Godard Que se lle debe esixir a un libro sobre cinema nunha época que todo o mundo se volveu crítico e fai pública a súa opinión a través dunha miríade de revistas, blogues e redes socias? Que debe ter nuns tempos onde demasiada xente se enfunda a bata de investigador e ponse luvas de látex para realizar estudos tan voluminosos como estériles?... Ler máis