SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA

A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis

CHARLES BURNETT: “NON TE PODES DESFACER DO RACISMO TAN FÁCIL, É PARTE DA SOCIEDADE”

Foto: Tamara de la Fuente Charlamos con Charles Burnett (1944, Vicksburg), homenaxeado na XII edición do Festival Play-Doc. A conversa, que transcorre entre unha ruidosa cafetería de Tui e a tranquilidad do recibidor do hotel, alóngase durante máis dunha hora de gravación. A súa vida en Los Angeles, os seus filmes ou a súa opinión sobre o estado actual da sociedade estadounidense son algúns dos temas dos que falamos con el. Viviches no barrio de Watts en Los Angeles,... Ler máis