ARRAIANOS – RELATO DO GUIÓN (QUE PRECISOU EXISTIR)

Arraianos comeza un día de 2007. Dous homes acaban de coñecerse e establecen unha inmediata relación de amizade. Sintonizan. E unha idea pronto se apodera do ambiente. Alguén achegado menciona un tema. Un lugar mítico nas brumas da historia (galega), o Couto Mixto, tres pobos fronteirizos situados na chamada Raia Seca. Unha pertenza a un Ourense pegado a Portugal que alcanza a desenvolver graos de autonomía ata o extremo de que Portugal e España desbaratan a súa particular... Ler máis