Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Matria, de Álvaro Gago O 2023 quedará marcado nas enciclopedias do cinema galego coma o ano no que tres filmes saídos da nosa terra participaron no prestixioso festival de Berlín. Con Lois Patiño non é literal, pois sitúa Samsara (2023) en Laos, mais Carla Subirana e Álvaro Gago poñen acento local ás historias que contan dende a Costa da Morte e as Rías Baixas, respectivamente con Sica (2023) e Matria (2023). Precisamente este último foi un dos primeiros filmes vistos... Ler máis
CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA
A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis
LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé
O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente, unha relación causa-efecto dentro dun círculo vicioso do que é o mercado laboral e os problemas... Ler máis
CLERMONT-FERRAND (II/III): INTERNACIONAL, BIEN SÛR
Esta crónica segue desta primeira parte. Sigue noutra dedicada á sección Labo. __________ ‘A Million Miles Away’ adapta á linguaxe cinematográfica modos de comunicación propios da mocidade. Na sección internacional, vemos a mesma diversidade, sendo a ficción imperante, fronte á animación e o documental. Neste rexistro, atopamos catro grandes vertentes, diría que bastante representativas da produción mundial de curtas, logo de pasar un ano vendo centos... Ler máis