Asif Kapadia: “En moitas ocasións, o público coñece só o final: o meu traballo é investigar a viaxe”
Cunha dilatada carreira como director de ficcións, Asif Kapadia (Hackney, 1972) mudou de xénero no ano 2010, estreando un dos mellores documentais deportivos feitos ata a data. Senna (2010) valeulle a reputación como documentalista, algo que o premio Oscar ao mellor documental que recollería no 2015 polo filme Amy, acabaría por confirmar. Na actualidade, o director pecha esta triloxía con Diego Maradona (2019), un filme que se centra na vida do astro arxentino durante a... Ler máis
DIEGO MARADONA, de Asif Kapadia
No 2009, Ken Loach asinaba Looking for Eric, unha película centrado na vida dun carteiro inglés que loita contra a súa particular crise coa axuda do dianteiro do Manchester United Eric Cantona. Non me considero un fanático do fútbol, aínda que si que gosto de ver algún que outro partido e sigo a actualidade de preto; quizais por iso o filme de Loach fíxome sentirme máis próximo aos meus amigos que si vivían o deporte. Máis próximo a esa paixón que cega a vista dunha... Ler máis
MID90S, de Jonah Hill
Hai unha clase de filmes, os chamados coming of age, nos que acudimos como espectadores a un proceso de madurez, crecemento ou aprendizaxe dun protagonista que vive unha época de cambios. No caso de Mid90s (Jonah Hill, 2018), ese protagonista é Stevie, un rapaz de trece anos que vive nun barrio obreiro de Los Angeles a mediados dos anos 90. Stevie ten que lidiar no seu día a día cunha nai ausente e un irmán violento que abusa del. Interésase polo mundo do skate e atopa... Ler máis
Curtocircuíto 2018: Roberto Minervini, a vida nas marxes
“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.” ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis
GIMME DANGER, de Jim Jarmusch
John Lurie, Tom Waits, RZA, Iggy Pop. Só con ler estes catro nomes relacionados entre si, a meirande parte de cinéfilos podería percibir que pegamento os une. En efecto, unha das innumerables cualidades do totémico Jim Jarmusch reside na forma orgánica de integrar a esencia creativa de músicos como os citados, por cuxas obras non esconde a súa profunda admiración, nun universo cinematográfico de parámetros non sempre próximos. Quizais por isto resulta incluso chamativo... Ler máis
VIDEOFILIA (Y OTROS SÍNDROMES VIRALES), de Juan Daniel F. Molero
A Revolución non será televisada, a fin do mundo si. Videofilia comeza con dous amigos bebendo e filmando o amencer desde a azotea dun edificio. As promesas maias da fin do mundo deberían convertir esa madrugada na primeira dunha nova era e a última do mundo como o coñecemos. Así o comentan os protagonistas mentres filman o inicio dun novo mundo. Unha era que, pola contra do que os maias pronosticaban, comeza antes de tempo e en paralelo cos últimos avances tecnolóxicos:... Ler máis