PROCESOS #26 – FILMOTECA ESPAÑOLA

De preguntar a calquera cinéfilo con que sede identifica a Filmoteca Española, pódese supor que ao instante mencionará o madrileño Cine Doré, a céntrica e emblemática sede que desde 1989 acolle as súas proxeccións. Pero é moito menos sabido que gran parte do meticuloso traballo exhibido nas súas dúas salas ten orixe varios quilómetros ao oeste da capital, xa no termo municipal de Pozuelo de Alarcón. Alí, as modernas instalacións do Centro de Conservación e Restauración... Ler máis

PROCESOS #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis