APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA
O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira vez, o embarazo ou as enfermidades de transmisión sexual. Algunhas das cuestións que os mozos expoñen... Ler máis
ENTREVISTA A MARGARITA LEDO
«DEBEMOS APRENDER A ALTERIDADE, A OUTREDADE A TRAVÉS DAS IMAXES» Margarita Ledo é unha desas persoas que sempre desafía aos seus interlocutores. Eses desafíos son sempre lances construtivos, pontes que nos levan alén dos nosos límites, fornecéndonos de coñecemento e suxeríndonos aquilo que non sabiamos como expresar. Escoitar a Margarita, daquela, ensina e axuda a pensar, e non só aos seus alumnos, que escoitan por primeira vez nas súas aulas moitos nomes de teóricos... Ler máis
UN MAPA PARA OS ESTUDOS DE CINEMA
Onde estudar cinema? A oferta actual atópase tan dispersa que calquera adolescente que queira afondar na súa paixón vai ficar atrapado nesa pregunta cando teña que elixir destino. O principal problema que terá que afrontar de partida é a escisión entre os estudos teóricos, que ensinan a analizar e pensar os filmes, fronte á formación práctica, que ensina a facelos. Estas dúas opcións deberían ser complementarias, mais no panorama educativo do estado español resultan... Ler máis
ENTREVISTA A MIGUEL ÁNGEL HUERTA
Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. «A UNIVERSIDADE DEBE SER O FARO E NON A FACTORÍA» John Ford é a Miguel Ángel Huerta o que Wilder a Trueba. O fervor deste estremeño polo mestre que “facía... Ler máis
O CINEMA NO PEIRAO DE MADRID
O SÉTIMO ARTE NO SISTEMA EDUCATIVO ESPAÑOL A escola, dende sempre, sente horror ao baleiro e ao negativo. É verdade que forma parte da súa vocación ensinar a construír, antes de falar do que actúa ao contracorrente desta construción e que moitas veces é da orde das pulsións de creación (1) . A cuestión da presenza do cinema na escola e a súa transmisión ten múltiples caras e niveis de análise. Nun principio, un pregúntase se o cinema está ben representado,... Ler máis
OBRADOIROS DE VIDEOGRAFÍA E CINEMATOGRAFÍA PARA A XUVENTUDE
EXPERIENCIAS E METODOLOXÍAS EN CINEMA E EDUCACIÓN Cando, no curso académico 2005-2006, comecei a impartir obradoiros de vídeo nun instituto de Badia del Vallès, a miña proposta era basicamente filmar e proxectar unha serie de vivencias cun grupo de mozos e mozas duns 14 anos. Os grupos eran bastante grandes, até 30 alumnos, mais xogabamos coa dobre vantaxe de contar cunha profesora do centro responsábel da aula, e a propia motivación e curiosidade dos alumnos. Tratábase,... Ler máis
RÉCRÉATIONS (1992), de Claire Simon
ISTO NON É UNHA PIPA O neno é o portador dunha ollada libre, indisciplinada, un xeito de mirar que aínda é capaz de sorprender aos ollos. O neno ensina ao adulto a mirar as cousas como por vez primeira, sen os hábitos da ollada constituída Jorge Larrosa Fai algunhas semanas, a un amigo ocorréuselle animar a súa festa coa proxección de varias películas domésticas da súa infancia. Aquelas filmacións en Super 8 eran todo o entrañables que se pode supor a esas... Ler máis
ENTREVISTA A JOSEP MARIA CATALÀ DOMÈNECH
Este texto forma parte da serie de entrevistas realizadas a docentes que iremos incluíndo ao longo deste mes no noso especial sobre cinema e educación. En consecuencia, os asuntos abordados son esencialmente os mesmos con tódolos participantes, co fin de ofrecer diversas perspectivas sobre unha mesma cuestión. «DEBEMOS RECUPERAR A IDEA DE ARTESÁN: AGARIMO, HABILIDADE E COÑECEMENTO». Unha clase de Josep María Català ten bastante de carreira de galgos, na que o alumno... Ler máis
A HIPÓTESE DO CINEMA, de Alain Bergala
PEDAGOXÍA FÍLMICA · É un lugar común afirmar que a expresión audiovisual posúe máis ramificacións e posibilidades das que nunca tivera. Mais en plena voráxine deste amplo conglomerado, o cine, precedente e/ou compañeiro afamado e máis visible das restantes manifestacións, tenta conservar ou procurar a súa especificidade. Porén, a súa presenza nas etapas formativas académicas fica apenas esbozada, un feito que acontece tanto en ensaios e tratados didácticos como... Ler máis
