O MELLOR DE 2020

Sendo fieis o espírito de todos os decembros, A Cuarta Parede volve a preguntarlle ás súas colaboradoras sobre o balance do ano. Porén, neste ano tan estraño decidimos pasar das típicas listaxes do “mellor” para preguntarlles que tal foi o ano para elas en termos de cultura. Non importa se viron dez ou tan só un filme estreado en 2020, se pasaron os días refuxiadas nas series ou se estiveron vendo as rúas baleiras desde a súa xanela. Este ano impórtannos... Ler máis

EMA, de Pablo Larraín

Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis