CINEMA E DOENZA MENTAL

O cinema abordou en moitas ocasións o tema da doenza mental. Pensemos, por exemplo, en Spellbound (Alfred Hitchcock, 1945) ou Marnie (Alfred Hitchcock, 1964), onde hai un doente e unha concepción da psicanálise un pouco inxenua: a lembranza do trauma propiciará a curación (concepto abandonado por Freud nos inicios da súa elaboración, ao observar que o saber non curaba) sempre que, claro está, concorra o amor. Podemos pensar así mesmo en Woody Allen, que fixo da súa... Ler máis

NÚMERO 20

Moitos grandes filmes tentan transmitir coas súas imaxes as sensacións asociadas a experiencias físicas ou psicolóxicas, funcionando así como mediadores entre o artificio do cinema e a realidade do público. Nos últimos anos, unha serie de títulos afondaron nesta tendencia ao propor diferentes variacións sobre a representación de traumas colectivos e individuais, históricos e psicolóxicos, moitas veces asociados con algunha doenza mental. Emporiso, dende A Cuarta Parede... Ler máis