BABYTEETH (O GLORIOSO CAOS DA VIDA), DE SHANNON MURPHY

© Lisa Tomasetti / Avalon A pel é fina cando estás medrando, máis aínda cando tes obstáculos que che impiden expandirte do xeito que te reclama o peito. As cores multiplícanse, esvanecen, xogan. O subconsciente vólvese o máis férreo compañeiro de experiencias. O aire pesa, o tempo pesa, as decisións pesan. “Como amar cando non tes nada que perder?” Esta é a continua pregunta que as creadoras deste filme tiñan en mente cando o realizaron. Cando armaron esta extraña... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)

O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis

E AGORA? LEMBRA-ME, de Joaquim Pinto

Ler este texto na súa versión orixinal en portugués Como analizar o tempo? Como incorporar ese concepto filosófico milenario ao pensamento humano? O cinema, como arte do tempo, pode contribuír a esta busca interminábel: pode axudarnos a entendérmonos ou, aínda mellor, a pensarnos como seres durábeis e, sobre todo, finitos. Desa conciencia ontolóxica xorde E Agora? Lembra-me (Joaquim Pinto, 2013): o seu título alude de seguida a esa problemática, xogando coa idea de... Ler máis