DÚAS PERSOAS

Paredes brancas de hospital. Nada pendurado nunha habitación na que podes pasar anos, días ou tan só unhas horas. Non hai nada que facer ante algo que non se pode controlar. As conversas entrelázanse con longos silencios que resoan contra as paredes baleiras. Tan só queda agardar. O espazo comeza a habitar dentro de ti. Aos tempos de espera súmanselle visitas, risas puntais que fan máis levadeira unha viaxe que é de non retorno. O itinerario, coñecido case de antemán,... Ler máis

INHERENT LEBOWSKI

Chego a casa, medio bébedo, medio canso, e aínda así sinto a necesidade de adicarche unhas palabras. Sen saber a que conclusión chegar, déixome guiar por unha escritura automática na que só a realidade saía a relocer, faltas ortográficas incluídas. Sobre o papel a caligrafía xoga coa borracheira mentres describo os teus peitos preciosos, curvos e firmes. Como intentando perfilar o teu corpo no caderno, a miña man xoga co bolígrafo e pinta varias liñas nun xeroglífico... Ler máis