Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo

VII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Gamer, de Mark Neveldine & Brian Taylor Accésit ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo, de Víctor Soho. “O capital leva acelerándose nas últimas décadas. Os mass-media contemporáneos levan acelerándose nas últimas décadas. O cinema de masas non é unha excepción. Estes novos modelos de produción proporcionan... Ler máis

Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución

VII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Vortex Decoder, de TACHYONS+ Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución, de Manuel Iglesias Vila. “A aparición do plano virtual no transcorrer das nosas vidas supuxo unha revolución en case todos os ámbitos da nosa vida. O glitch, dun xeito semellante ao proceso mutaxénico nos códigos biolóxicos, supón unha reflexión sobre os métodos... Ler máis

O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego

VII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Esquece Monelos, de Ángeles Huerta Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego: O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego, de Iván Villarmea Álvarez. “Como é a Galiza que retratan os cineastas galegos do século vinte e un? É o mesmo lugar que vemos na televisión, nas redes e nas campañas turísticas institucionais? É, cando menos, o lugar que habitamos? Algúns espazos, como... Ler máis

Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego

VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego: Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego, de Manuel Barreiro. O xurado destacou “a coidada aproximación ao contexto de creación da curtametraxe de Chano Piñeiro e o tecido dunha reflexión que transita pola proposta discursiva e formal da peza para analizar á súa pegada na actualidade do cinema galego”. Sexamos honestos. Todo é política. O... Ler máis

A asimilación do “fantástico” nas prácticas da Escuela Oficial de Cinematografía (EOC)

VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: A asimilación do “fantástico” nas prácticas da Escuela Oficial de Cinematografía (EOC), de Severiano Casalderrey. En palabras do xurado: “Cando se fai un repaso histórico ou se cita o traballo dunha escola ou un movemento cinematográfico normalmente limítanse o número de obras e creadores a aquelas referenciais, quedando esquecidos un número... Ler máis

My Mexican Bretzel, de Nuria Giménez Lorang

“Que é a realidade senón unha reconstrución continua e infinita?”, formula un descoñecido Paravadin Kanvar Kharjappali durante o transcurso de My Mexican Bretzel. A recentemente estreada ópera prima de Nuria Giménez Lorang non refuta as súas costuras fílmicas; tan só semella agochalas tras o envoltorio dun melodrama intimista, que non deixa de remitir á obra de Margerite Duras, sobre a vida dunha parella europea de clase alta entre as décadas dos 40 e 60 do século... Ler máis

BRUCE WEBER: A SUBLIMACIÓN DA MASCULINIDADE E ALGO MÁIS

O foco que Play-Doc lle dedica a Bruce Weber permítenos agora repasar a filmografía dun cineasta ocasional que está considerado coma un dos máis grandes fotógrafos de moda dos últimos trinta anos. Se ben tratar das súas instantáneas non resulta aquí o noso principal obxectivo e o volume de obra é inabarcable, as imaxes estáticas e en movemento que o norteamericano produce son indisociables as unhas das outras, polo que un pouco de contexto non sobrará. Weber iniciou... Ler máis

DESENVOLVER A VISIÓN: A MIRADA PICTÓRICA NO CINEMA DE PETER GREENAWAY

1. No filme que lle adicou Peter Greenaway no 1983, o compositor John Cage dicía «(…) a miña opinión actual sobre a música: é inútil, agás que permita desenvolver a audición. Moitos músicos non entenden os sons únicos. Só escoitan os lazos entre dous ou máis sons. Para eles, a música non ten nada que ver coa audición, e non concerne máis que á observación desas relacións. Por esa razón, ignoran as bágoas dos nenos, as sereas e os sons do teléfono que... Ler máis

O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO

O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis

Procesos #24 – Xiana Gómez-Díaz

 Xiana Gómez-Díaz non é unha cineasta ao uso. Esta lucense, seguramente, non se sentirá de todo cómoda con ese termo para definir a súa obra audiovisual, palabra que usa con orgullo cando outros foxen dela como da peste. A interdisciplinalidade do seu traballo obrígaa a elo. Académica centrada en estudos de xénero e televisivos, comezou a súa andaina no mundo da imaxe coa serie sobre músicos Tallers sonors na televisión catalá, acadou notoriedade no cinema ao ser... Ler máis