Cannes 2023 (II): quen controla o relato, ten o poder
May December, de Todd Haynes Todd Haynes ten unha longa e diversa filmografía, pero seguramente sexa recoñecido sobre todo por revitalizar a tradición melodramática do cinema norteamericano con fitas como Far From Heaven (2002) ou Carol (2015). O seu último filme, May December (2023), presentado esta semana en Cannes, garda relación temática con estas no sentido en que desenvolve relacións prohibidas a ollos da sociedade. Se o personaxe de Julianne Moore (protagonista... Ler máis
THE FAVOURITE, de Yorgos Lanthimos
Mellor película do ano segundo o American Film Institute; premios ao mellor filme independente británico, mellor dirección, mellor actriz protagonista (Olivia Colman) e actriz de reparto (Rachel Weisz), mellor fotografía, deseño de vestiario, maquillaxe, deseño de produción e guión nos British Independent Film Awards; galardóns para á interpretación das actrices (especialmente para Colman) outorgados pola Chicago Film Critics Association, o Festival Internacional de... Ler máis
SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (1)
Un ano máis, o Festival de Cine Europeo de Sevilla propuxo na súa sección oficial unha selección das películas europeas que marcan a tempada. A Fábrica de Nada (Pedro Pinho, 2017), aquí Giraldillo de Oro, sorprendeu na pasada edición de Cannes, sendo a película máis unanimemente eloxiada pola crítica na Quincena dos Realizadores. Dirixida de xeito cooperativo por Terratreme, produtora que adoita traballar con esta estrutura, o filme traslada a metodoloxía á súa diéxese.... Ler máis
CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen
O cinema de Woody Allen leva nos últimos anos caracterizándose por unha continua revisión. Recordemos que Match Point (2005) non era senón unha volta con transfundo londiniense á trama e conflitos de Delitos y faltas (1989), ou que Si la cosa funciona (2009) contaba cun argumento moi similar ao de Poderosa Afrodita (1995) coa vea cómica de Larry David. O seu último filme, Café Society, toma prestado de Días de radio (1987) a súa coidada ambientación histórica e chiscadelas... Ler máis
CANNES DÍA 4: PARK CHAN-WOOK E MAREN ADE DIVIDEN
Cuarta xornada en Cannes e os ánimos non podían estar tan divididos. As dúas últimas películas da sección oficial, The Handmaiden (Park Chan-wook, 2016) e Toni Erdmann (Maren Ade, 2016) están a fomentar nos pasillos do Palais un intenso debate. Para nós, a única que lles fai sombra é a de Cristi Puiu, e aventurámonos a afirmar que estas tres van levar algo, se non é a Palma. Aínda queda moito festival, pero logo dunha primeira morna xornada, o nivel está tan elevado... Ler máis
CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES
Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis