EDEN, de Mia Hansen-Løve

DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis

FRANCES HA, de Noah Baumbach

Á PROCURA DO MEU SITIO Os catro protagonistas de Kicking and Screaming (Noah Baumbach, 1995) sufrían unha especie crise existencial xusto despois de graduarse na universidade que lles impedía cortar por completo o cordón umbilical da mocidade. A incerteza que xeraba o fin dunha etapa vital e a obrigación de comezar unha nova impulsaba os catro amigos recentemente graduados a pasarse medio ano facendo nada polo campus. Estes adolescentes salinguerianos -Grover (Josh Hamilton),... Ler máis

CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (II)

O crítico non dita a lei, nin a moral, nin a estética. O que fai é pór en escena, mediante a súa escritura, o que desde o seu punto de vista púxose en xogo a partir da experiencia emocional que experimentou ante un ensamblaje formal, en tanto que esas emocións son susceptibles (ou non) de producir unha mellor construción do seu propio eu. Jean-Michel Frodon . O pasado 13 de maio publicabamos unha primeira entrega do debate dixital que mantivemos cos nosos colegas... Ler máis

CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (I)

En maio e xuño de 2006 Miradas de Cine publicou un completísimo dossier sobre crítica cinematográfica que analizaba, a través de máis dunha quincena de entrevistas e unha decena de artigos de opinión, “o estado das cousas” no mundo da crítica tralo primeiro lustro do novo século. Naquel amplo estudo, referencia indispensable para moitos dos cinéfilos hispanofalantes da era dixital, comezaba a atisbarse (aínda que aínda dun xeito tanxencial) unha das cuestións... Ler máis