DON’T GO GENTLE: A FILM ABOUT IDLES, de Mark Archer

Comezo este texto con dúas anécdotas persoais, unha máis longa que a outra. A primeira é que recoñezo que a corentena destes últimos meses pilloume cunha lista de filmes que ver moi grande. Clásicos que sempre dis “xa verei” e outros que realmente tiña ganas de ver. Entre todos eles decateime, ao pensar neste texto, que moitos tiñan relación coa música. Especialmente co documental musical. Hai uns anos falaba nesta mesma revista de diferentes tipos de documentais... Ler máis

DIANTE E DETRÁS DO ESCENARIO

Cómpre facer unha breve distinción antes de entrar máis polo miúdo a falar de documental musical. Se ben o xénero é ben amplo como para aglutinar filmes como Searching for Sugar Man (Malik Bendjelloul, 2012) ou The Last Waltz (Martin Scorsese, 1978) é preciso facer unha separación, especialmente entre aqueles que teñen por centro un evento/concerto, que son dos que falaremos neste texto. E é que, non é o mesmo un filme-concerto, que a realización dun concerto que un... Ler máis