CAMBORDA X ENCISO (I)

Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse a xestar para conversar sobre o proceso de creación. Eloy Enciso: Faime moita ilusión... Ler máis

LA FLOR, de Mariano Llinás

La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis