BANDERSNATCH: ESPECTADORES, NETFLIX FARAVOS LIBRES

Cambia as reglas. Toma os mandos. Faino á túa maneira. Se o século XX foi o do eslogan “o cliente sempre ten a razón”, no XXI sempre temos o control, ou ao menos iso nos fan crer. “Don’t just win the game – change it”, rezaba hai pouco o anuncio da consultora danesa KPMG. Tamén a publicidade de The Legend of Zelda: Breath of the Wild prometía autonomía co seu “sinte a liberdade”. Incluso a política, atrapada como está na democracia sentimental, móvese... Ler máis

CINEMA EUROPEO NAS PLATAFORMAS DIXITAIS. O TEMIDO 30% DA COMISIÓN EUROPEA

A sala de cinema NUMAX O pasado mes de abril a Comisión Europea sorprendía cun comunicado de prensa no que se falaba de grandes avances nas negociacións de cara a contar cunhas normas máis equitativas e modernas nos servizos de comunicación audiovisual. Os xefes de Europa debatían sobre estes contidos e planeaban medidas lexislativas varias que pretendían, principalmente: o reforzo do principio do país de orixe; a mellora na protección dos menores contra os contidos nocivos;... Ler máis

A POÉTICA DA MIRADA NA OBRA DE FRIEDL VOM GRÖLLER

Friedl vom Gröller presentando os seus filmes no CGAI. Foto: María Meseguer Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico – Con quen falas? – Co espectador 1. “Alá onde vou miro especialmente as caras da xente”. As palabras da propia Friedl Vom Gröller, en aparencia baladíes, din sen dicir moito máis do que nun primeiro momento puidésemos pensar. Nun primeiro momento. Quizais só consista niso, en pasar... Ler máis

ARQUEOLOXÍA(S) DO SABER. A CRÍTICA FEMINISTA DESDE AS ORIXES ATA A ACTUALIDADE

Este texto é a versión escrita do relatorio presentado pola autora no Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No seu artigo “The Crisis of Naming in Feminist Film Criticism”, publicado en Jump Cut en 1978, Ruby Rich recuperaba os principais eventos e publicacións da crítica cinematográfica feminista da década, así como as estreas dos primeiros filmes feministas segundo a consideración desta... Ler máis

AS POLÍTICAS AUDIOVISUAIS ANTE O 20-D: UN DEBATE DENDE GALICIA

Ante a cita do 20-D coas urnas nas eleccións xerais, a Academia Galega do Audiovisual quixo coñecer de primeira man as propostas que, en materia de política audiovisual, presentan as principais formacións políticas. Para iso organizou unha mesa redonda na que participaron catro dos candidatos ó parlamento español por Galicia: Juan de Dios, polo Partido Popular, Ricardo García Mira, polo PSdeG-PSOE, Isabel Risco, como representante de Nós-Candidatura Galega e Ángela Rodríguez... Ler máis

CREER Y CREAR, VAN JUNTOS

De poco sirve lamentarse cuando a quienes va dirigido el lamento, no tienen ningún interés en recogerlo. Así las cosas, quizás lo más oportuno es encontrar por qué caminos puede “colarse” la creatividad en un estado de cosas a la que no ha sido llamada. Podrá parecer exagerado, pero tengo suficientes datos como para intuir que la diversidad en diversos campos – y específicamente en el cinematográfico – ha dejado de interesar a los gestores de la cosa pública.... Ler máis

3 X 3D, de P. Greenaway, J-L Godard & E. Pêra

Ler este texto na súa versión orixinal en portugués No vasto conxunto da súa programación de cinema e audiovisual, Guimarães 2012 – Capital Europea da Cultura encomendou a tres cineastas unha reflexión sobre o proceso de produción cinematográfica en 3D. Para esa tarefa, os programadores João Lopes e Rodrigo Areias escolleron dúas das principais referencias cinéfilas internacionais -Peter Greenaway e Jean-Luc Godard- e mais a Edgar Pera, un dos cineastas portugueses... Ler máis

HOLY MOTORS, de Leos Carax

A VIDA INMANENTE Holy Motors é unha película cun marcado ‘pathos’, unha paixón moi densa que apenas deixa espazo ao espectador para padecer, segundo o seu albedrío, as imaxes que se lle presentan –seguramente esa sexa unha das razóns polas que lle é tan doado a Leos Carax irritar ao público (así como aos produtores, visto o que lle custou volver a embarcarse nesta auténtica iluminación, unha frecha lanzada ao futuro)–. Un riso que os devolve á casa,... Ler máis

O TRIUNFO DA AUDIENCIA

O espectador, máis que nunca, foi o protagonista desta edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya. Ten sentido sabéndonos próximos á fin do mundo, coma se Sitges fose o último bastión de esperanza ou o lugar onde queremos vivir o final, rodeados de cinema e de amigos creados a través do cinema. Vestímonos todos a pel do Curtis de Take Shelter (Jeff Nichols, 2011) para empaparnos dun zeitgeist desesperanzado e medorento, transferindo filias do... Ler máis