O mellor de 2021

Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque as cousas están suficientemente mal como para poñernos exquisitos. En A Cuarta Parede apostamos... Ler máis

Chema García Ibarra: “Traballo con ideas que son como illas, co seu principio e o seu final, e o que fago é ver se dalgunha forma poden funcionar xuntas”

Chema García Ibarra conta cunha dilatada carreira no mundo da curtametraxe. Ao longo dos últimos dez anos, o cineasta foi depurando un estilo propio e unha identidade moi peculiar, ata consagrarse e despregar todas as súas inquedanzas, preocupacións, trazos estilísticos e temas habituais na súa primeira longametraxe, Espíritu Sagrado. Despois do seu paso por festivais como Sevilla ou Locarno, onde conseguiu unha mención especial, ou Mar de Plata, onde recibiu o premio... Ler máis

Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido

Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes. Uns diarios que, como todos, non buscan recoller de forma metódica todo... Ler máis