Número 45

O día 4 de febreiro de 2011, na cidade da Coruña, presentábase oficialmente A Cuarta Parede, a primeira revista dixital de crítica cinematográfica en galego. Un proxecto que nacía coa vocación clara de abrir un espazo para a reflexión cinematográfica na nosa lingua, prestando especial interese a ese cinema que moitas veces se atopa nas marxes. O obxectivo da revista nunca foi competir pola instantaneidade, polo volume das publicacións ou o número de visitas, senón... Ler máis

Número 44

Fotografía: María Meseguer Sumidos aínda na vertixe deste ano atípico, que pouco a pouco vai chegando ao seu fin, os meses de verán e outono supuxeron unha ventá a unha certa “normalidade”, que nos permitiu retomar unha das nosas actividades favoritas: asistir a festivais de cinema. Foi un ano para poñer en valor a importancia destes espazos nos que compartir e crear comunidade arredor das películas, algo tan necesario nos tempos que vivimos. Despois da cancelación... Ler máis

A VINGANÇA DE UMA MULLER, de Rita Azevedo Gomes

A película abre, lentamente, cos títulos de crédito sobre un vermello telón. Como a modo de advertencia, a directora presentanos o que será a tónica do filme: unha posta en escena absolutamente teatral que consegue fuxir das habituais grallas do chamado “teatro filmado”. E é que non estamos ante unha mera adaptación teatral, xa que A vingança de uma muller consegue exprimir ata a perfección os recursos do cinema para crear unha obra a cabalo entre o texto escrito,... Ler máis