MARÍA RUIDO, UNHA OVERLOQUISTA

Coa entrevista aos seus pais coma epicentro, A memoria interior (2002) abeiraba un seísmo subxectivo, constituínte á vez do biotopo audiovisual de María Ruido (Pidre, Ourense, 1967). Era aí –onde a biografía parte– o tremor dun retroco: a memoria do traballo, o traballo da memoria. Aínda o é, non deixou de selo nunca; ao longo de dez anos, tirada agora ElectroClass do soto de Euskal Telebista (ETB), sucesivas viaxes videográficas teñen repetido –e polo tanto diferido–... Ler máis