DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

EL ÚLTIMO EXORCISMO, de Daniel Stamm

Lembro vivamente o momento no que un amigo de outrora confesoume, secretamente, que un dos seus soños era percorrer as rúas e que, de súpeto, a vida se convertse nun musical ao estilo de Grease. Non podía afirmarse que dera indicios de padecer tales fantasías ao dar acubillo nun CD portátil a grande parte da discografía de Metallica, así como por demostrar tan poucas dotes como interese na nobre arte de bailar. Tan sorprendente revelación non só abriu a miña mente... Ler máis