CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN

Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas similitudes. Xa dixemos que en Radar existía na selección deste ano unha vontade de resistencia... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2019: LAURA HUERTAS MILLÁN: MULLER, NATIVA, OUTRO

No capítulo III do seu coñecido ensaio Woman, Native, Other: Writing Postcoloniality and Feminism (1989), Trinh T. Minh-ha trataba de reflexionar, a través do estudo da súa tradición oral -familiar, individual e cultural-, sobre como a antropoloxía é a base sobre a que a ideoloxía masculina occidental crea discursos hexemónicos. Para combatela, cuestionando as súas representacións e ofrecendo alternativas, comezara a súa práctica cinematográfica. Nesta liña crítica,... Ler máis

BLUE, de Apichatpong Weerasethakul

BLUE: A IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR O SONO O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand permitiunos descubrir en pantalla grande, na súa sección internacional, a última obra do tailandés Apichatpong Weerasethakul: Blue (2018). Trátase dunha evocadora peza non narrativa que nos mergulla no mundo dos estados adormecidos do seu autor, só que cunha interesante variación que funcionaría case coma o espello incómodo da súa anterior Cemetery of Splendour (2015).... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)

O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis

CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (1/2)

Un ano máis, o festival de curtas de Clermont-Ferrand permitiunos coñecer na súa sección Labo as últimas tendencias do cine máis próximo á vangarda e á experimentación. Nunha selección ecléctica, na que colle todo o que se saia dos camiños narrativos tradicionais, atopámonos nesta edición cunha alta presenza de cine do real, na que advertimos a vontade de reflexionar sobre a creación e recepción das imaxes, alén de rexistrar a realidade mesma, unha tendencia... Ler máis

LA FLOR, de Mariano Llinás

La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis

CURTAS 2018: SINFONÍAS EXPERIMENTAIS

Como aconteceu este ano cos premios da competición portuguesa do Curtas Vila do Conde, tamén o xurado da sección experimental soubo facer co seu palmarés unha lectura da tendencia predominante na selección: filmes centrados na montaxe e no ritmo, nas súas estruturas internas máis como sinfonías ou poemas que como narrativas, habitualmente acompañadas dunha música que apoia conceptualmente as pezas, cando non dirixe por completo os proxectos. É o caso moi claro da vencedora... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2018: SECCIÓN OFICIAL (1)

O Festival Internacional de Cine Documental de Navarra celebrou este ano a súa 12ª edición, reafirmando a súa aposta por un formato de non-ficción en sintonía coas correntes vangardistas e o cinema experimental. Unha das novidades máis destacables desta edición foi a renovación do equipo técnico do certame, con Garbiñe Ortega como nova directora artística. Comunidade, correspondencias, expansión, resistencia, feminismo… Son tan só algúns dos conceptos que... Ler máis

SHOOT SHOOT SHOOT SHOW SHOW SHOW

Unha das liñas de programación máis consolidadas do festival de Sevilla, fóra das súas competicións, son os focos a cine de vangarda que levan organizando no último lustro. Ciclos a artistas como Gunvor Nelson ou Peter Tscherkassky altérnanse con outros dedicados a grupos ou épocas, coma o caso deste 2017, no que o SEFF organizou ‘Shoot Shoot Shoot. A primeira década da London Film-Makers’ Co-operative 1966-1976′. O título sae do volume editado por... Ler máis

CURTAS 2017: VANGARDA EN CATRO MOVEMENTOS

  O Curtas Vila do Conde vén achegando dende as súas orixes a Portugal os traballos máis diversos do cinema de vangarda nun sentido amplo. Esta acepción tense estendido noutras edicións a todo exercicio visual que puxese en dúbida o narrativo e a representación realista. En 2017 este tipo de pezas foron desterradas da sección experimental para integrar, no que pareceu ser unha transformación gradual nos anos recentes, a competición internacional. Así, como se... Ler máis