CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN

Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas similitudes. Xa dixemos que en Radar existía na selección deste ano unha vontade de resistencia... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2018: O MAPA E O TERRITORIO

Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2017: VER ONDE NINGUÉN VE

A programación da 14 edición de Curtocircuíto prestaba especial atención a todo aquilo que xiraba arredor do son. Precisamente, con este mesmo nome, o festival agrupaba diferentes sesións e actividades que tiñan o son como eixo central. “O cine non é visible e audible, senón que algo sucede no medio de ámbolos dous sentidos. Se as imaxes se proxectan sobre a pantalla, o son é o modo que ten o cinema de proxectarse sobre nós”, di Xoán-Xil López no texto do catálogo... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2014: SER E VOLTAR

Botas de choiva, abrigos e paraugas. O Teatro Principal cheo de vida. Saúdos e intercambios rápidos de opinións nas rúas. Ruído e conversacións cruzadas na Tita ou no Rhin. Isto é Curtocircuíto. Un festival internacional de curtametraxes con contidos alternativos que fai que se respire cinema na cidade. Entre o seis e o once de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela a undécima edición deste festival que se converteu nunha cita ineludible para os cinéfilos e cineastas... Ler máis

CURTOCIRCUÍTO 2012: CRÓNICA DUN(S) PREMIO(S)

Hai moitos xeitos de gozar dun festival. Estamos os madrugadores, eses das sesións de prensa á hora do almorzo; os que fan un calendario axustado con máis pases que horas ten o día, que corren dunha sede a outra para non perder nada; os convidados que prefiren pasar o tempo no bar, relacionarse, e ir ver filmes puntuais do seu interese. Haberaos que prefiran o documental de autor, outros a animación máis fedella, e aínda máis serán os que tiren pola ficción cunha factura... Ler máis