MARÍA CAÑAS: “ESTOU COMPROMETIDA COA IDEA DE CULTURA COLECTIVA”

Logo de triunfar na pasada edición do festival Punto de Vista, alzándose co premio da sección X Films, María Cañas (Sevilla, 1972) volve a Pamplona para amosar os froitos deste galardón, destinado á produción dunha obra desenvolvida en Navarra. Desde A Cuarta Parede temos a sorte de volver a sentarnos con ela para facer un repaso aos seus últimos proxectos, a súa visita ao festival e as recentes polémicas nas que se viu envolta. Guerrilleira, irreverente, surrealista. Caníbal... Ler máis

MÁRGENES 2017: SECCIÓN OFICIAL

A chegada do mes de decembro adoita indicar o comezo do repaso do que deu o ano en cuestión en materia de cinema. Porén, desde hai xa 8 anos, hai un festival que reivindica este espazo temporal para ofrecer unha programación arriscada que dá voz a aquelas producións que se moven alén do tradicional e que, en moitas ocasións, non teñen a suficiente visibilidade. É o Festival Márgenes, que atopa xa no seu propio nome as razóns de ser: ollar nas marxes, naqueles espazos... Ler máis