LÁSZLÓ NEMES: “O CINEMA DEBERÍA CUESTIONAR A PROPIA LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA”

László Nemes © Laokoon Filmgroup – Ildi Hermann Tralo éxito da súa rompedora ópera prima, O fillo de Saúl (2015), que se fixo co Gran Premio do Xurado no festival de Cannes e o premio Óscar á mellor película de fala non inglesa, o realizador húngaro László Nemes presentou durante o pasado festival de Venecia a súa segunda longametraxe: Atardecer (2018), outra cativadora obra mestra. Mentres que a alfombra vermella do Lido fervía co bulicio e a expectación,... Ler máis

Crónica 24 de novembro

Esta mañá, unha entrevista a unha hora mala fíxome perder as sesións de antes da comida. Porén, non podo dicir que non gozara co tolo de Michael Glawogger contándome, entre risas nerviosas, as súas peculiares travesías transnacionais. Se engadimos que Faust e Walk Away Renée son dous peliculóns, podemos falar doutro aproveitado día neste FIC Xixón, que conta nesta edición cunha programación a aplaudir. A adaptación da celebre novela de Goethe por Alexandr Sokúrov... Ler máis