WONG KAR-WAI: A PERSISTENCIA DO TRAZO DUNHA BÁGOA NO CEO CAMBIANTE DE HONG KONG (II)

Chungking Express (Wong Kar-wai, 1994) En contraste coa ambigüidade —identitaria e espacial— das películas de Wong Kar-wai ambientadas no Hong Kong dos anos sesenta (que tratamos na primeira parte deste monográfico), os filmes que se sitúan na década dos noventa fano desde unha nova perspectiva, amosando xa unha identidade hongkonesa distinguíbel en personaxes máis activas e de forte vencello local. Deste xeito, agora serán constantes os planos de situación de edificios... Ler máis