XÉNERO FALOCÉNTRICO

Se Sitges fixese uns cálculos estatísticos do seu público, que número de mulleres recollería a mostra por sesión? E se nos poñemos a contar o número de realizadoras que están detrás dunha cámara, sobre o total de filmes presentados nas últimas edicións, cal será o resultado? Non fai falta ter moita paciencia para estimar: baixa presenza. Por que lle preocupa a un xornalista cinéfilo esta cuestión? Non é polo que lle influíse a socioloxía na carreira, que pode... Ler máis

GIRLS, de Lena Dunham

UNHA MOZA É UNHA MOZA Non hai tantos anos Pilar Aguilar, no seu estudo Mujer, amor y sexo en el cine español de los 90, chamaba a atención sobre que “o xeito feminino de ver e de interesarse polas cousas aparece infrarrepresentado e infravalorado nese espello público que é a ficción audiovisual”i. Esta falta non era exclusiva do ámbito español senón que, como sinalaba a feminista Laura Mulvey, debíase a que o cinema convertía a muller en obxecto de desexo pasivo... Ler máis