NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis

ESTIU 1993, de Carla Simón

Tense escrito tanto sobre as familias como ten mudado o concepto co paso do tempo. Cada familia, e sabémolo pola experiencia propia de cada un de nós, é un mundo e, ao fin e ao cabo, “en todas as casas cócense fabas”. Estiu 1993 (Carla Simón, 2017) é un fermoso traballo arredor da reconstrución da familia despois da morte dalguén. Reconstrución que ten o centro en Frida, unha nena orfa que terá que aprender a chamar aos seus tíos, pais. O filme de Carla Simón consegue... Ler máis

INDIELISBOA 2017: AS MÚLTIPLES VIDAS DOS TRABALLADORES, DOS OCIOSOS E DOS MARXINAIS

Os tempos da hibridación entre o documental e a ficción, así como o debate sobre os límites destes rexistros, fican definitivamente atrás. A deriva que tomou o cinema nos últimos anos convida a superar esta dicotomía e a abandonar as categorías ríxidas coas que antes se definían estilos e tendencias. Todo resulta agora máis complexo e, á vez, de súpeto, máis doado de encarar, como suxiren as dúas longametraxes vencedoras da competición internacional do último... Ler máis

LAS PALMAS 2017: REFERENTES CINEMATOGRÁFICOS OU IMITACIÓNS QUE FACER

A decimosétima edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria vén a afianzar, un ano máis, a vitalidade dunha cita que reune ao mellor cinema nesta illa atlántica. Entre os directores escollidos aparecen nomes coma Alex Ross Perry, dentro da Sección Oficial, ou David Sainz, dentro do Cinema Canario. Pero, como comentaban nun intre antes dunha proxección, pouco importa quen está seleccionado cando teñen que compartir festival cun xenio coma Aki... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS

O retrato familiar foi un dos xéneros máis presentes na sección oficial desta última edición do festival navarro. The Host (Miranda Pennell, 2015), Gran Premio Punto de Vista deste ano, fala, sen ir máis lonxe, da explotación británica do petróleo iraniano a partir da experiencia persoal da súa directora, que viviu parte da súa infancia no Irán dos anos cincuenta e sesenta como filla dun alto executivo da compañía British Petroleum (BP). O filme, composto case exclusivamente... Ler máis

CARLA SIMÓN: “A MIÑA NECESIDADE DE FACER CINE XURDIU DAS HISTORIAS TAN INTENSAS DA MIÑA FAMILIA”

Estiu 1993, ópera prima da catalá Carla Simón, estreouse a pasada Berlinale sen moito ruído, na sección Generation, destinada ás películas con temática infantil ou xuvenil, e en principio dirixidas a ese público. Revelouse para todos os que puidemos asistir ao primeiro pase, como outras en seccións paralelas, dunha relevancia que a destinaba ao xuízo destes primeiros espectadores a un espazo de máis visibilidade. Ao final a xogada saíulle ben á equipa. O filme sae... Ler máis

BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES

A idea de comunidades resistentes xa apuntada na primeira crónica desta Berlinale 2017 circunscribiuse nalgúns casos ao ámbito estritamente familiar. O filme que conxugou estas dúas ideas de forma máis convincente foi Mr. Long (Sabu, 2017). Intento de pastiche entre o cinema de iakuzas e a comedia familiar, a historia é a dun asasino a soldo en apuros que debe refuxiarse nun barrio afastado e pobre para non chamar a atención mentres sanda as feridas provocadas nun traballo... Ler máis

CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS

Un ano máis, e van 3 décadas, Cineuropa encheu a Rúa Nova de Santiago de Compostela de colas infinitas agardando o pase da nova de Xavier Dolan e conversas sobre os referentes bíblicos de O Ornitologo (João Pedro Rodrigues, 2016). Máis de 300 títulos nun certame imposible de abarcar na súa totalidade ao que, este ano, uniuse a sala de cinema NUMAX, que xa é a referencia do cinema en Santiago. Entre os títulos, coñecidos referentes (Eugene Green, Whit Stilman, François... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

MIA MADRE, de Nanni Moretti

Unha mirada cansa, unha vía intravenosa, a habitación dun hospital. Marguerita senta ao carón da súa nai. Despois de Habemus Papam (2011), unha sátira que circula ao redor dos funcionarios de Deus, Nanni Moretti deixa de lado o sarcasmo que caracteriza os seus filmes para tratar un tema autobiográfico e introspectivo, a enfermidade da súa propia nai. Mais o director italiano decide que será unha muller a que interprete o que él viviu uns anos atrás. Mia Madre retrata... Ler máis