SETE NOTAS SOBRE OS VÍDEOS NON PROFESIONAIS DE CONCERTOS

“Durante miles de anos, a música foi a principal metáfora poética para aquelo que non podía ser preservado. A música esvaece tan pronto como é interpretada.” Walter Murch [1] “Filmar, enfocar, visionar, rexistrar os movementos da vida e da miña vida: todos estamos a un paso de ser directores e actores de cine, case a un nivel profesional. O banal, o anecdótico, as grandes catástrofes, os concertos, os actos de violencia son hoxe filmados polos actores da súa propia... Ler máis

GOD HELP THE GIRL, de Stuart Murdoch

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014. Concerto de Belle & Sebastian na Praza da Quintana. O setlist, unha escolma de grandes éxitos moi ben dosificada (escolleron como dous singles de cada álbum, máis ou menos) amplificaba o carácter culminante e transcendental do evento para o moderneo local. Unha actuación tecnicamente irreprochable, con numerosos momentos climáticos que golpean as teclas sentimentais axeitadas. E porén, algo non acaba de casar cando, aínda... Ler máis