CAROL, de Todd Haynes

Cando Todd Haynes espertou, o melodrama seguía estando aí. O idilio do cineasta con este xénero denostado resultou ser amor verdadeiro, e todos os espectadores saímos gañando desta unión. Sen dúbida trátase do rexistro formal que mellor lle permite canalizar as súas constantes autorais, nomeadamente a súa aproximación posmoderna e transgresora a modelos codificados da cultura popular e o seu interese militante por temáticas feministas e/ou queer. Amais, de momento,... Ler máis

UNHA OLLADA MARICA SOBRE FAR FROM HEAVEN

1. Cando a crítica se refire a Far from Heaven (Todd Haynes, 2002), os comentarios adoitan versar sobre a súa posta en escena militantemente postmoderna, que mimetiza e recontextualiza (con ou sen ironía, habería que discutilo) o estilo visual dos melodramas dos anos cincuenta, particularmente os de Douglas Sirk. É certo que Todd Haynes posúe un verdadeiro talento xogando aos pastiches: rabiosas paletas cromáticas imitando o technicolor, técnicas e movementos de cámara... Ler máis