FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA

‘Toponimia’ de Jonathan Perel. Dicir que o cinema é memoria resulta unha evidencia tan grande como afirmar que é luz. Pero tópicos aparte, se tan a miúdo repetimos estas verdades absolutas é porque a complexidade detrás de tales declaracións é inmensa. O FID, festival preciso e pertinente, sábeo ben. De aí que, dentro desa liña do cinema da memoria, decidise facer na súa última edición un repaso a outro clásico: o cinema de ruínas. Dende os inicios... Ler máis

MARÍA RUIDO, UNHA OVERLOQUISTA

Coa entrevista aos seus pais coma epicentro, A memoria interior (2002) abeiraba un seísmo subxectivo, constituínte á vez do biotopo audiovisual de María Ruido (Pidre, Ourense, 1967). Era aí –onde a biografía parte– o tremor dun retroco: a memoria do traballo, o traballo da memoria. Aínda o é, non deixou de selo nunca; ao longo de dez anos, tirada agora ElectroClass do soto de Euskal Telebista (ETB), sucesivas viaxes videográficas teñen repetido –e polo tanto diferido–... Ler máis