LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino
Roma era unha festa Que La grande bellezza (Paolo Sorrentino, 2013), un mordaz retrato dos usos e costumes da jet set italiana en pleno ocaso da era de Silvio Berlusconi, fose financiada por Mediaset resulta cando menos curioso. Sobre todo porque Paolo Sorrentino non se queda á metade na súa embestida contra a plana maior do establishment romano: nobres vidos a menos (que se alugan para soirées), burgueses arribistas, intelectuais arrimados ao poder, artistas conceptuais (que... Ler máis
CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS
Os préstamos, alusións, citas, plaxios ou chiscaledas hiperconscientes a outras imaxes son xa unha constante do audiovisual contemporáneo, sexa este postmoderno ou hipermoderno (deixémoslle esa leria a xente como Fredric Jameson e Gilles Lipovetsky). Pode ocorrer en calquera intre, na intimidade da sala de cinema ou do salón doméstico, mergullados nun filme ou vendo de esguello un anuncio publicitario: unha imaxe, esa imaxe, estoupa na nosa memoria e de súpeto a recoñecemos.... Ler máis
DESENGUEDELLANDO O FELLINIANO
O CGAI dedicará durante as vindeiras semanas unha retrospectiva completa da obra de Federico Fellini, que comeza esta mesma tarde coa proxección de I vitelloni (1953). Así, con motivo de (e como complemento a) este ciclo, organizado en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca de Valencia e a Filmoteca de Navarra, analizamos neste artigo o monográfico que dedica a Colección Nosferatu ao legado xenio italiano. Este volume, impulsado pola propia institución cultural... Ler máis
COMBATES MARXINAIS E COMBATES MARXINADOS (Parte I)
AS TRINCHEIRAS DO CINEMA MILITANTE ESPAÑOL DOS ANOS SETENTA · O presente artigo é a primeira entrega dun dossier na que exporemos unha panorámica do cinema militante español da década de 1970. Neste primeiro texto, contextualizaremos a aparición deste cinema combativo e clandestino a finais da década de 1960, paralelamente ao xurdimento dunha práctica cinematográfica marxinal antifranquista. Esta heteroxénea fronte antirréxime englobaba un variado mosaico fílmico,... Ler máis