NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis

LONGA NOITE DE LERIA

Madrugada do 6 de Abril de 2014. Sala Metropol, Tui. FOTO: Tamara de la Fuente Os ritmos do pop comercial, do house máis empalagoso e dos tempos da melancolía tornáronse en creación electrónica pop fresca con voz embelesadora, tornáronse en versos galegos cunha posta en escea de rapeiros que non transmitiron máis ca enerxía e desvergoña, e tornáronse nese rock que nos lembra aos anos oitenta coas cazadoras vaqueiras e o estilo punk da época que nunca pasa. Sequin, Malandrómeda... Ler máis

OS FESTIVAIS DE CINEMA EN COREA DO SUR: UNHA CRÓNICA SOCIAL

Cando un se prepara para ir a un festival de cinema conta con pouca información: algunhas películas veñen precedidas de éxito noutros festivais, doutras non nos interesa tanto a película como a Guest Visit (presenza do director e staff durante a proxección e posterior diálogo co público) e da gran maioría, por ser estreas ou obras de directores noveles, non se ten máis información que a que se presenta no catálogo. Desta maneira un estuda a programación o mellor... Ler máis