NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS

Fotografía: David Cruces Desde o seu nacemento hai catro edicións ata hoxe, Novos Cinemas consolidouse como un festival onde o amor polo cinema traspasa as pantallas. O equipo de programación, conformado por Suso Novás e Ángel Santos, escolle con coidado unha selección de primeiras ou segundas longametraxes para dar conta do que foi o ano. Unha selección que, aínda que involuntariamente, fala entre si sobre crises existenciais, crises amorosas, o colonialismo do turismo,... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: UN MODELO A CAMBIAR

Foto: Daniel Gallego En paralelo ás proxeccións que o Festival de Cinema de Ourense programou na cidade durante 7 días, lugares coma o Café Pop Torgal, un dos epicentros culturais da cidade, acolleron diferentes presentacións, performances e debates. No ecuador do festival, Fran Gayo, director artístico do OUFF, moderaba unha mesa redonda sobre festivais de cinema que pretendía, non tanto solucionar un modelo que semella estar a quedarse obsoleto ou descompasado cos tempos,... Ler máis

‘HAI UNHA GRAN DEMANDA PARA ATOPAR O SOCIO AXEITADO PARA O PROXECTO AXEITADO’. ENTREVISTA CON JO MÜHLBERGER, PRODUCERS ON THE MOVE

Press here to read the English Version Como xorden as coproducións? Onde se coñece toda esa xente-que-coñece-xente? Ninguén nace aprendido, polo que a European Film Promotion (EFP) organiza cada ano no Festival de Cannes unha xuntanza de produtores de tódolos países do continente para que compartan tempo, ideas e proxectos. Este programa chámase PRODUCERS ON THE MOVE, e nel está a xénese de filmes como Force Majeure (Ruben Östlund, 2014), a gañadora do premio do xurado... Ler máis