NEBRASKA, de Alexander Payne

Non deixa de abraiarme o alto creto co que conta Alexander Payne entre a crítica especializada, que a miúdo o trata con toda a deferencia dun grand auteur cando eu coido que aínda non superou o estadio de (moi eficaz e solvente, iso si) artesán. Parte do problema que teño con el vén de que as súas fitas, que a priori semellan do máis interesante da colleita norteamericana do seu ano (filmes de consenso que gustan ao público e acaparan premios), acaban chegando menos... Ler máis

LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche

Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis