RITA AZEVEDO GOMES: “TODO É COMPOSICIÓN”

Rita Azevedo Gomes (Lisboa, 1952) é unha das máis grandes directoras da cinematografía portuguesa. As súas imaxes, sempre extraordinariamente compostas, mergúllanse na realidade a través do artificio, mostran o presente a partir do pasado e, desde a literatura e o teatro, exploran novos camiños para o cine contemporáneo. Recentemente Azevedo estreou A portuguesa, que gañou a Lady Harimaguada de Ouro, o máximo galardón do Festival de Las Palmas. Aproveitamos o acontecemento... Ler máis

“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”

Festival Internacional de Cine de Las Palmas 2016 from A Cuarta Parede on Vimeo. A luz, as nubes, o vento, a cidade, o mar. Las Palmas de Gran Canaria coa súa extraordinaria beleza acolleu do 4 ao 13 de Marzo o 16º Festival Internacional de Cine. As musas do arte, o cine, a música, o teatro, a poesía, reunidas nun mundo gobernado por cousas para celebrar, pese a todo, a vida. E por un instante o cinema morto, o das cousas, vese eclipsado por un cinema de vida, o de esas cinematografías... Ler máis

13º FESTIVAL INTERNACIONAL DE LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

Parte I: filmes premiados Entre o 16 e 24 de Marzo puidemos asistir ao 13º Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria. A súa excelente programación e ambiente sitúan este evento en primeira liña do cinema independente e de autor. Convén ademais destacar as excepcionais condicións de traballo que o festival canario ofrece, xa que ademais de asistir ás proxeccións e roldas de prensa, dáse a posibilidade de conversar apraciblemente con directores da sección... Ler máis