ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis

KUBELKA: O CINEMA E A COCIÑA COMO FORMAS ARTÍSTICAS

Nas notas ao programa de Florentina Hubaldo, CTE, a nova película de Lav Diaz, Gertjan Zuilhof, un dos programadores do Festival de Róterdam e especialista no cinema do sueste asiático, contabilizaba en preto de cen horas as que o festival holandés ten dedicado ao cineasta filipino desde que en 2005 presentase Evolution of a Filipino Family. Zuilhof sumaba os dobres e triplos pases de cada película, aínda que, como quedaba claro no caso de Florentina Hubaldo, CTE, non tiña... Ler máis

A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND

«CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE» Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez: Play. Lonxe da polémica que o envolve, Östlund é un tipo tranquilo que rompe coa etiqueta convencional... Ler máis

RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE

“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a única zona iluminada. Á miña esquerda, o corredor pérdese nunha estanza na que creo distinguir un... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 4: TODOS TEMOS UNHA HISTORIA QUE CONTAR

Un neno de once anos acompaña ao seu pai a recadar o diñeiro das súas máquinas comecartos en Barcelona. Entre bares, dentro dunha desas míticas Renault Express, o pai coméntalle ao fillo o seguinte: “Se me tivese que mudar a un país moi afastado, virías comigo?”. Así sucede que a familia remata vivindo no outro lado do charco, onde o noso protagonista se enfronta a unha adolescencia chea de complicacións, ten o seu primeiro amor, e, xa adulto, regresa ao seu país... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI

Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 2: FUCK FACEBOOK, FUCK AMERICA, THIS IS SERBIA!

O bo de comezar o día cun filme explícita é que coa perspectiva que dá a noite, logo de oito horas de visionados e unha cea nun chinés, es quen de afastar da túa mente a primeira impresión e ver as cousas con frialdade. E así, relaxándome da trasfega audiovisual cun té verde, aventúrome a escribir as miñas primeiras liñas sobre cinema dende Róterdam, e con amor. Clip podería definirse como a adolescencia vista a través do móbil dunha rapaza inqueda e con moita... Ler máis

OS FESTIVAIS FRONTE A REVOLUCIÓN DO NOVO PÚBLICO

Cineuropa analiza no seu 25º aniversario os desafíos das mostras ante un “cambio de paradigma” provocado pola transformación da difusión do cinema, a madurez cinematográfica dos espectadores e a crise económica. “Para que ten que servir un festival? Para ver boas películas, si. Pero hoxe en día, para ver boas películas, hai moitas maneiras. Agora, hai moitísimos cinéfilos ben formados e informados con acceso case inmediato a calquera filme. Os festivais non poden... Ler máis