Número 48
Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue sendo o encontro máis influínte e polarizante do mundo do cinema. Ante o seu innegable impacto prescritivo,... Ler máis
SEFF 2022 (IV): Cara a outra historia do cinema europeo
Tri (Aleksandar Petrović, 1965) O Festival de Sevilla presentou por segundo ano consecutivo a sección ‘Hacia otra historia del cine europeo’, cunha presenza de oito películas. Ademais, redobrou a súa aposta polo cinema de patrimonio coa organización dun encontro entre programadores de filmotecas e festivais, para analizar as relacións entre ambas institucións en torno á inclusión de títulos restaurados nos seus programas. A idea é resaltar fitas que non... Ler máis
SEFF 2022 (III): Lav Diaz, Plan 75 e Aftersun
When the Waves are Gone (Lav Diaz, 2022) Un Lav Diaz en forma sempre resulta estimulante. When the Waves are Gone (2022), presentada no pasado Festival de Sevilla, seguramente sexa a súa mellor película en anos. Con ese particular branco e negro granulado, o filipino xoga cos tópicos do xénero noir para destruílo. O mellor detective de Manila está tan ocupado co traballo que a súa muller acaba por buscarse outro home, ante o que non reacciona con demasiada temperanza. Agredindo... Ler máis
Locarno 2022: A memoria do cinema
There’s Always Tomorrow (Douglas Sirk, 1955) 1957. Á beira do lago Maggiore, un evento cinematográfico que comeza a tomar forma e a recoñecerse alén das fronteiras do Ticino celebra a súa décima edición —fundouse en 1947, mais non tivo lugar nin en 1951 nin en 1956—. Aos mandos da programación está Vinicio Beretta, director artístico do momento, o segundo na historia deste certame. O festival en cuestión chámase Locarno. Beretta vai tomar unha decisión que... Ler máis
Locarno 2022: Modulacións do real
Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022) As cámaras captan en esencia a vida, mesmo coas tramas máis fantasiosas. Poderiamos así afirmar que o cinema do real é un dos máis puros que existen. A 75ª edición do Festival de Locarno deunos bos exemplos. O premio do xurado ecuménico recaeu en Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022), un galardón que sabe a pouco para un filme tan excelso, pero que ten bastante... Ler máis
Locarno 2022: Non é certame para vellos
Stella est amoureuse (Sylvie Verheyde, 2022) Permítaseme iniciar esta crónica cunha confesión: creo que non hai xénero máis numeroso e habitualmente mediocre nos festivais de cinema que as historias coming of age. Por algún motivo, lexións de cineastas cren que contar o que lles pasou na adolescencia debe interesar á cinefilia mundial, como se fosen as únicas persoas que pasaron por desamores, descubriron o sexo a esa idade, tomaron conciencia política e tutti quanti.... Ler máis
Locarno 2022: Un xénero en si mesmo
Piazza Grande de Locarno “Non creo necesariamente na división entre o cinema de xénero e o de autor”. Son palabras do director artístico do Festival de Locarno, Giona A. Nazzaro, en conversa con Geoffrey Macnab para o número de agosto de 2022 de Screen International. Excusiato non petita, que se adoita dicir por aquí. O pasado ano, na primeira edición que el capitaneaba, o comentario máis estendido foi que á beira do Lago Maggiore se instalara unha sorte de Sitges... Ler máis
Las Palmas 2022: O limbo e a familia
La edad media, de Alejo Moguillansky A 21.ª edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, a primeira que os espectadores puideron ver en cines e sen máscara desde que se cancelou a de 2020, xira ao redor da familia. A familia e a pandemia, aínda que ambos os temas distribuíronse de maneira desigual entre a ficción e o documental nun festival sempre atento a ámbolos xéneros. A película que de forma máis directa abordou a pandemia desde o marco... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Radar, o cinema máis narrativo, que non convencional
Un ano máis, o festival Curtocircuíto reuniu unha boa escolma do cinema mundial máis á vangarda na súa competición internacional. Radar é a sección para aquelas propostas, como ben se encargaba en anunciar o programador Brais Romero ao inicio de cada pase, que entran máis no “cinema narrativo, que non convencional”. Unha boa forma de definir, por exemplo, os dous filmes gañadores. Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje (Gabriel Herrera, 2021) é unha... Ler máis
DocumentaMadrid 2021: Cinema que transita
Esquirlas, de Natalia Garayalde Nos últimos anos, DocumentaMadrid proclamouse como un dos grandes fogares de acollida para o cinema de non ficción a nivel español. Mantendo a súa preocupación por crear un espazo de diálogo e reflexión, a súa décimo-oitava edición volve á Cineteca do Matadero de Madrid tras só medio ano de pausa para poder axustarse ás datas estivais que o Covid-19 arrebatou a tantos eventos culturais. A modalidade híbrida chegou para quedar e Filmin... Ler máis