PROCESOS 8: LOW LIFE, PRIMA DELLA RIVOLUZIONE

Non é habitual nesta sección explicar a proposta (isto é, falar das pegadas autorais de cada realizador/a a partires dun xogo en vídeo coas súas formas), pois entendemos que o lector saberá decodificar o exercicio. Porén, este é un caso especial, ao tratarse da primeira vez que contamos cun tándem artístico, que ademais non é galego. Non hai a entrevista habitual, e si unha crítica que pretende defender un filme polo xeral deostado e que dende A Cuarta Parede consideramos... Ler máis

PLAY, de Ruben Östlund

A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de agora, tódolos traballos de Östlund foran acollidos tanto con duras críticas como con entusiastas... Ler máis

A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND

«CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE» Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez: Play. Lonxe da polémica que o envolve, Östlund é un tipo tranquilo que rompe coa etiqueta convencional... Ler máis

MICHAEL GLAWOGGER: «OS MEUS DOCUMENTAIS FALAN DA CONDICIÓN HUMANA»

Michael Glawogger (Graz, Austria, 1959) é un dos documentaristas máis interesantes da última década. As súas referenciais Workingman’s Death (2005) e Megacities (1998), centradas no traballo manual en distintas partes do mundo, formaron parte dunha retrospectiva case completa que o festival de Xixón lle dedicou o pasado novembro, incluíndo tamén as súas desatadas ficcións. O director presentou no certame Whores’ Glory (2011), que aplica a lóxica das dúas... Ler máis

«EN HOLLYWOOD TALKIES NON HAI UNHA POSTA EN ESCENA, SENÓN UN BALEIRADO DE ESCENA»

Aproveito un número tan heteroxéneo, entusiasta e caprichoso como este, adicado ao (que consideramos o) máis destacado de 2011, para confesar a miña admiración por un dos autores máis estimulantes e inspiradores que tiven a fortuna de descubrir o pasado ano. O día que coñecín a Óscar Pérez acabei perseguíndoo polas rúas de L’Eixample e Gràcia, intercambiando opinións sobre a súa obra, comentándolle ideas para a miña peza Fills de Samsó, preguntándolle... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis

MIA HANSEN-LØVE: «INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO»

Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis

Crónica 25 de novembro

Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí, un pai con algunha deficiencia e unha denuncia evidente ao sistema, e xa é carne de Oscar. Pero,... Ler máis

Crónica 24 de novembro

Esta mañá, unha entrevista a unha hora mala fíxome perder as sesións de antes da comida. Porén, non podo dicir que non gozara co tolo de Michael Glawogger contándome, entre risas nerviosas, as súas peculiares travesías transnacionais. Se engadimos que Faust e Walk Away Renée son dous peliculóns, podemos falar doutro aproveitado día neste FIC Xixón, que conta nesta edición cunha programación a aplaudir. A adaptación da celebre novela de Goethe por Alexandr Sokúrov... Ler máis