FICBUEU 2023: Sección Oficial 6 — Unha sesión de contrastes
Arquitectura emocional 1959, de León Siminiani Talvez a mellor forma de abordar esta última sesión sexa pensando as súas películas desde o contraste. O amplo abanico de actitudes —cinematográficas, vitais— que reúne o programa faise patente no abismo que separa a primeira e a última proposta: empezamos o noso percorrido cos planos xerais de Arquitectura emocional 1959 (León Siminiani), onde os personaxes son apenas dúas figuras afastadas e esquemáticas, e acabámolo... Ler máis
FICBUEU 2023: Sección Oficial 5 — Da paternidade e a espera
Alicia fai cousas, de Ángel Santos Nesta sesión, coma se dun exercicio de montaxe se tratase, pasamos dunha película a outra mediante xustaposicións que se enchen de significado. Hai un corte brutal entre a primeira e a segunda peza —esa transformación radical dun tempo morto—, outro máis sutil entre a segunda e a terceira —da ausencia de ambos os proxenitores á ausencia da nai—, e un terceiro corte que se funda nunha continuidade da relación pai-fillo. Alicia... Ler máis
FICBUEU 2023: Sección Oficial 4 — Proximidades e distancias
Invincible, de Vincent René-Lortie Talvez unha das cuestións máis interesantes que se nos expoñen nesta sesión, marcada pola forza das historias persoais, é o grao de proximidade que cada unha das películas establece cos seus personaxes. Hai en todas elas unha gran presenza que enche a pantalla e que constitúe o centro de gravidade da obra: Marc, Cecilia, Booker, Eden; e, con todo, a cámara conxuga as distancias de forma moi diferente en cada un dos casos. Os rostros... Ler máis
FICBUEU 2023: Sección Oficial 3 — Formas da dor
Ulises, de Félix Brixel A pegada profunda da dor percorre esta sesión. Cada cineasta achégase a esa dor metamorfoseante desde os xiros dunha linguaxe propia, pero co denominador común da empatía. Pasamos das doenzas físicas, que imprimen o seu rastro nos corpos que sofren, ás doenzas silenciosas que roen a alma; en máis dunha ocasión, estes corpos ao bordo da quebra sinalan á vez o fracaso dun sistema deshumanizador. Ulises (Félix Brixel) trasládanos a unha paraxe... Ler máis
FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras
Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis
FICBUEU 2023: Sección Oficial 1 — Cinco olladas cara a madurez
Dang wo wang xiang ni de shi hou, de Huang Shuli A pasaxe da infancia cara a unha primeira madurez é un tránsito misterioso, gradual e inexacto que o cine tratou de relatar desde os seus comezos. Nas cinco películas que compoñen esta sesión, uns poucos minutos bastan para dar conta dun tempo que se acaba e doutro que empuxa por nacer mentres acompañamos aos personaxes —algúns moi novos, outros xa nunha adultez temperá— nas súas respectivas procuras por comprender... Ler máis