FICXIXÓN 2017: NOVA ETAPA (II/II)

(Vén de aquí) Pero volvendo ás seccións competitivas, houbo máis filmes a destacar. Os premios ás interpretacións foron representativos da oficial e destacaron dúas das propostas máis estimulantes. Lucky (John Carroll Lynch, 2017) e En la playa sola de noche (밤의 해변에서 혼자, Hong Sang-soo, 2017) deben boa parte do seu éxito aos seus actores protagonistas. A primeira é o filme póstumo dun actor tan icónico da filmografía estadounidense como Harry Dean... Ler máis

FIC XIXÓN 2017: NOVA ETAPA (I/II)

Esta crónica será forzosamente parcial e heteroxénea, pois a nosa visita a Xixón deunos para ver algúns filmes en só catro días, dentro dunha selección enorme que dificilmente pode abarcarse a non ser que unha se centre nunha sección en concreto. Non é o caso, tomamos petiscos de aquí e aló, vendo moi bo cine, mais sen poder establecer grandes conexións. Quizais a única clara que atopamos nunha importante colleita de cine francés este ano, foi a vontade común de... Ler máis

FICX 2015: UN MODELO CONSOLIDADO

José Sacristán na gala de inauguración. Cando a equipa de Nacho Carballo se fixo coa dirección do FICX hai catro anos, a súa entrada estivo chea de polémica pola sonora saída do anterior director, José Luis Cienfuegos, moi querido pola cinefilia en España e cun público fiel na cidade. Non axudou nada que esa 50 edición de 2012 se mostrase errática e cunha selección pobre. Mais xa pasou unha lexislatura, e pouco se lle poderá reprochar a un festival que soubo traer... Ler máis

BILL PLYMPTON, CINEASTA INCANSABLE

O catálogo pesa, pero non queda. Consciente da transcendencia da palabra impresa, o Festival Internacional de Cinema de Xixón dedica cada ano un libro ou dous aos protagonistas dos seus ciclos retrospectivos. Xunto ao de Brillante Mendoza, minúsculo, urxente, pura recompilación sen moito traballo de edición de textos antes aparecidos; o certame asturiano encargou neste 2014 un exemplar sobre Bill Plympton á xornalista Rocío Ayuso. Este, máis esixinte, abrangue toda a obra... Ler máis